Dous menores detidos por furtar unha bicicleta
Por Redacción
Dous menores de idade, veciños de Pontevedra, foron identificados por axentes da Policía Nacional como presuntos autores dun delito de furto.
Os feitos sucederon o día 13 de xullo, cando un veciño de Pontevedra interpuxo unha denuncia na Comisaría na que daba conta da subtracción dunha bicicleta da súa propiedade nas inmediacións da rúa Santiña.
Ao parecer sobre as 14.15 horas do día 13, tras deixar a bicicleta apoiada e candada nun poste da luz, accedeu a un bar próximo e ao saír cinco minutos máis tarde encontrouse só o cadeado e o asento da bicicleta no chan.
A bicicleta en ao actualidade está valorada nuns 1.500 euros se ben no momento da súa compra custaba 3.500.
Tras interpoñer a denuncia os axentes recibiron unha chamada da Central alertando de que se acababa de producir a subtracción dunha bicicleta e un veciño da zona sorprendera dous mozos en actitude sospeitosa portando unha bicicleta de similares características á denunciada como subtraída.
Os axentes dirixíronse inmediatamente ao Camiño Vello de Castela onde observaron dous mozos que ao decatarse da presenza policial trataron de deixar a bicicleta a un lado do camiño.
Ao ser interpelados pola procedencia da bicicleta declararon tela encontrado na rúa.
Por todo iso e tras recoñecer o propietario a bicicleta como súa os axentes procederon á detención dos dous menores por un delito de furto.
Unha vez tramitado o correspondente atestado policial, os menores detidos foron entregados aos seus proxenitores. A bicicleta foi devolta polos axentes ao seu lexítimo propietario.