Pontevedra ten fame de touros
Por Oskar Viéitez
Pouco antes das dez da mañá deste luns unha cola de afeccionados xa agardaba para conseguir unha entrada para os touros.
Os despachos da praza de Pontevedra empezaron a vender as entradas soltas, aquelas que sobraron despois da venda de aboamentos da pasada semana.
O prezo das entradas oscila entre os 40 euros para os xubilados ata os 110 na zona de barreira á sombra. No caso da corrida de rejones, o prezo baixou un 10% respecto ás entradas do pasado ano, movéndose entre os 20 euros para menores de 16 anos en tendido alto, ata os 100 euros na barreira á sombra.
Malia a crise a empresa Prazas e Touros S.L, mantivo a súa aposta polo coso de San Roque mantendo as catro citas taurinas na feira de La Peregrina. Serán os dous primeiros fins de semana de agosto e convocarán no coso de San Roque a varios dos máis importantes espadas do escalafón: Enrique Ponce, Morante de la Puebla, Sebastián Castella, "El Juli" ou Alejandro Talavante, entre outros.
Tal e como suxería o empresario Eduardo Lozano as dúas primeiras corridas son as máis demandadas en despacho.