Deteñen tres ladróns que chocaron cun camión e romperon unha árbore pola metade na súa fuxida da Policía
Por Natalia Puga
Durante a madrugada este luns 3 de febreiro Pontevedra foi escenario dunha persecución policial entre a zona de Campolongo e Salcedo. Diante, circulaba un turismo con tres individuos no seu interior e, pisándolles os talóns, un vehículo da Policía Nacional que acabou dándolle alcance e detendo aos seus tres ocupantes.
Os tres detidos son veciños de Ferrol de 43, 45 e 32 anos, todos con antecedentes policiais, e o motivo do seu arresto foi que xusto antes de emprender a fuxida cometeran un roubo nun negocio de Pontevedra. Pasaron a disposición xudicial como presuntos autores dun roubo con forza nun establecemento.
Os axentes que se atopaban patrullando en prevención da seguridade cidadá a esa hora da mañá foron alertados de que se acababa de producir un roubo no interior dun establecemento da cidade e os autores saíran fuxindo nun vehículo marca Mercedes.
Os policías localizaron o vehículo cando circulaba a gran velocidade polo centro urbano e observaron como saltaba un ceda ao paso e impactaba cun camión. A pesar de que trataron de paralo, o vehículo incrementou a velocidade e deu un xiro brusco para tentar acceder ao centro comercial de Salcedo.
O coche acabou impactando contra a cuneta, derrubando un enreixado e arrincando unha árbore pola metade. Tras ese impacto, tentaron escapar, pero os policías saíron correndo tras eles e acabaron deténdolles.
Un dos presuntos ladróns arroxou as caixas con moedas ao chan e foi detido polos axentes mentres que os outros dous déronse á fuga e foros detidos esa mesma mañá ás 7.30 na estación de autobuses cando pretendían fuxir.
Os axentes efectuaron unha inspección ocular en lle interior do vehículo e atoparon luvas e unha maza de ferro. Ademais, realizaron outra inspección ocular no negocio afectado e observaron que o enreixado de entrada atopábase forzada, a porta de cristal que dá acceso ao local estaba apalancada e a máquina comecartos totalmente danada e golpeada cun obxecto contundente que é compatible cunha maza, Faltaba a caixa coa recadación dunhas dúas semanas.