A cultura urbana invade Campolongo con 'Apadriña un little'
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/51eb98db7ccc7-apadrinalittle.jpg)
© Diego Torrado
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/51eb9932188d7-apadrinalittle1.jpg)
© Diego Torrado
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/51eb99ae84330-apadrinalittle2.jpg)
© Diego Torrado
Un sábado de "cultura urbana" con torneos de baloncesto e skate, exhibicións de graffiti e bicicletas fixie e unha batalla de all styles. ÿ o que viviu o barrio de Campolongo a través do festival 'Apadriña un little' celebrado durante toda a xornada na zona das pistas deportivas.
Dende as 9:30 da mañá ata as 21.00 horas da noite, os mozos da zona encheron de actividade as pistas de Campolongo na que é xa a cuarta edición da festa que inclúe a entraga de premios para os gañadores de cada unha das competicións e no que as previsións da organización pasaban pola presenza de máis de 300 participantes.
Nesta ocasión, as actividades comezaron co torneo de baloncesto 3 x 3, ao que se apuntaran 24 equipos e que se prolongou durante todo o día, e cun campionato de skate.
Doce escritores urbanos, procedentes de Pontevedra, Ourense, Santiago e Barcelona realizaron unha exhibición de graffiti e afeccionados de Vigo e A Coruña realizaron un percorrido acrobático pola cidade na modalidade de fixies (bicicletas sen freos).
Mozos de Galicia e tamén de Granada foron os protagonistas da batalla all styles, dedicada ao break, pero que en Campolongo estivo aberta a distintas mostras de estilos relacionados co hip hop.