Noites Abertas volve con novidades relacionadas co feminismo e a ecoloxía
Por Sara Iglesias & Cristina Saiz
Noites Abertas volve este ano coa súa vixésimo primeira edición. O programa comezará o 31 de xaneiro e rematará o 4 de abril e estará dividido en dezaseis xornadas ao longo de oito fins de semana para a mocidade entre 12 e 30 anos de idade.
Durante esta última semana de xaneiro, Ibuprofeno Teatro vaise encargar da promoción do programa visitando os centros de ensino da cidade. Todas as actividades poden consultarse no web da plataforma e no seu instagram, onde colgarán contidos sobre todas as sesións para que a mocidade poida informarse previamente sobre elas.
Entre as novidades deste ano está a creación dunha Comisión de Promoción de Igualdade. Unha das actividades relacionadas con esta comisión é o laboratorio feminista que constará de tres sesións de dúas horas. Na primeira levarase a cabo un teatro-foro, que é unha ferramenta fundamental para comprender a realidade e poder transformala, ademáis de concienciar sobre a situación das mulleres. A segunda ten que ver co activismo xuvenil.
Para isto, levaráse a cabo a presentación dunha campaña de activismo chamada Youth Can Act! que representa diferentes temáticas que non están tan visibilizadas como a transexualidade ou a discapacidade. Por último, unha sesión de storytelling na que os asistentes poderán aprender a contar historias, xa que "saber contar unha historia empodera á xente", segundo asegurou un dos organizadores, Nacho Márquez.
Outra das novidades é un obradoiro de bioiogures de sabores e loita con sables láser, actividades que foron creadas debido a continua necesidade de actualización por parte dos organizadores para estar á altura dos intereses da xuventude. Por outra banda, as actividades clásicas como o baile tradicional, cestería, billarda e ioga manténse no tempo debido ao éxito que tiveron ao longo dos anos.
Este ano o programa renova colaboración coa asociación de Síndrome de Down Xuntos e o seu programa de acompañamento a discapacitados, para que teñan accesibilidade aos talleres e actividades que se ofertan.
A finalidade de Noites Abertas é ofrecer "un programa que eduque e protexa a mocidade, nun espazo de educación non formal que non reproduza estereotipos de xénero", manifestó Márquez.