Pontevedra lanza Xuventude en Rede, unha aposta web pola formación e o entretemento
Por Manu Otero
A mocidade de Pontevedra ten desde este luns unha nova páxina web de referencia. O Concello acaba de presentar Xuventude en Rede, un portal que aglutina toda a oferta formativa, informativa e de lecer para o sector máis novo da poboación pontevedresa. Xuventude en rede xa está dispoñible tamén en redes sociais, nas que abandonou Facebook para centrarse unicamente en Instagram cun novo nome de usuario: @xuventude.
O titular deste departamento, Alberto Oubiña, foi o encargado de sacar á luz este novo servizo, que aglutina os vellos portais de Noiter Abertas, Pisando Forte ou Ponteverán. Ademais, inclúe ligazóns directas a outras plataformas como a do Local de Música ou a Escola Feminista para a Mocidade.
"Haberá máis entretemento e formación para a xuventude", dixo o concelleiro, quen explicou que se deixará de traballar por tempadas para establecer unha programación continuada ao longo de todo o ano. Os catro eixos sobre os que vira esta nova plataforma son: formación, lecer, cultura e información.
O acto serviu para presentar tamén a nova programación da Escola Feminista para a Mocidade, que ten previsto celebrar cinco obradoiros a través de Zoom ou en formato presencial se as circunstancias sanitarias permíteno. Con quince prazas cada un, as sesións centraranse nas novas teconologías, combater o argumentario machista, fotopoesía, conversacións sobre agresións machistas e repensar as letras.
Ademais, cada quince días celebrarase unha xincana a través de redes sociais, retomarase o Círculo de Mimos e levarán a cabo dous cursos relacionados coa historia do movemento feminista.
Doutra banda, este luns pola tarde o Local de Música realizará o seu primeiro directo a través da plataforma Twitch.
Relacionadas:
-
'Pisando forte' e a 'Escola Feminista da Mocidade' anuncian as súas actividades ata final de ano
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Chega Ponteverán, a oferta de lecer para a mocidade, que en 2021 se centra en arte, natureza e tecnoloxía
Por Natalia Puga |
-
Noites Abertas está de volta nun formato en liña pero preparado para volver ás rúas
Por Manu Otero |
-
Seis obradoiros para mellorar a empregabilidade e o crecemento persoal da mocidade de Pontevedra
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Noites Abertas volve con novidades relacionadas co feminismo e a ecoloxía
Por Sara Iglesias & Cristina Saiz |