O edificio da Xunta en Benito Corbal estará "plenamente operativo" a finais de ano
Por Redacción
A Xunta de Galicia confía en que o edificio administrativo de Benito Corbal, que foi rehabilitado recentemente, estea "plenamente operativo" a finais deste ano 2020.
Será coa finalización dos traballos que restan, é dicir, o acondicionamento das plantas quinta, sexta e sétima, que se porán a disposición da Universidade de Vigo; e da oitava, que será a sede da futura Fundación Manuel Moldes.
As obras, que teñen un importe de licitación de máis de 825.000 euros teñen un prazo previsto de seis meses.
A este respecto, seis empresas presentaron as súas ofertas para executar esta remodelación. As súas propostas están a ser xa avaliadas polos técnicos da Xunta, coa previsión de que o contrato poida estar adxudicado no segundo trimestre.
O resto do edificio xa foi reformado e acondicionado nunha primeira fase que abrangueu desde o soto á planta cuarta. Grazas a estes traballos, xa están funcionando no edificio e no centro da cidade as oficinas de emprego e os locais destinados ás asociacións, entidades sen ánimo de lucro con fins de interese social, cultural, deportivo, ou sanitario.
Ademais, tamén se habilitaron outros espazos de usos xerais como un salón de actos, que xa acolleu ata o momento varios eventos.
O orzamento total investido na reforma do edificio ascende a cinco millóns de euros, que permitiron recuperar para o uso público os case 6.000 metros cadrados deste edificio situado no centro da cidade de Pontevedra.
Relacionadas:
-
A Xunta quéixase polo atraso na licenza para terminar a sede de Benito Corbal
Por Redacción |
-
Licitan o acondicionamento das últimas plantas do Edificio de Benito Corbal
Por Redacción |
-
As oficinas de emprego empezarán a funcionar no edificio de Benito Corbal o próximo 22 de novembro
Por Oskar Viéitez |
-
A Universidade quere aproveitar as súas oficinas no Edificio Azul para consolidar a súa presenza na cidade
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |