As oficinas de emprego empezarán a funcionar no edificio de Benito Corbal o próximo 22 de novembro
Por Oskar Viéitez
A apertura definitiva dos locais para asociacións no edificio de Benito Corbal terá lugar o próximo día 14 de novembro.
O acceso para as organizacións e usuarios será pola rúa Javier Puig Llamas, dentro do horario establecido de 9 da mañá a 22 da noite de luns a venres, e de 9 da mañá a 15 horas os sábados.
Ademais, as oficinas de emprego tamén comenzarán a funcionar este mesmo mes, en concreto, o día 22.
O novo e reformado edificio de Benito Corbal inaugurouse no mes de maio tras un investimento cercano aos 5 millóns de euros. Os case 6.000 metros do edificio situado no centro da cidade de Pontevedra albergarán nas súas tres primeiras plantas as oficinas de emprego, que ata agora estaban alugadas noutros dous locais de Eduardo Pondal.
Nas plantas terceira e cuarta estarán os despachos das asociacións, mentres que as plantas quinta, sexta e sétima estarán a disposición da Universidade de Vigo. Na oitava e última planta estará a futura fundación Manuel Moldes.
Relacionadas:
-
O edificio da Xunta en Benito Corbal estará "plenamente operativo" a finais de ano
Por Redacción |
-
Licitan o acondicionamento das últimas plantas do Edificio de Benito Corbal
Por Redacción |
-
A humanización da rúa Lepanto concluirá esta semana
Por Manu Otero |
-
A Universidade quere aproveitar as súas oficinas no Edificio Azul para consolidar a súa presenza na cidade
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |