A variante espiritual do Camiño en Combarro 'florecerá' cuns douscentos cereixos
Por Redacción
Nenos e nenas de cinco colexios de Poio, Espedregada (Raxó), Viñas (San Salvador), Isidora Riestra (San Xoán), Lourido 1 (San Salvador) e Chancelas (Combarro), colaborarán nunha iniciativa ambiental dos comuneiros de Combarro para plantar árbores no tramo da variante espiritual do Camiño que atravesa esta parroquia.
Trátase dunha iniciativa que servirá para que máis douscentos rapaces da vila teñan a posibilidade de coñecer a etapa inicial da variante espiritual do Camiño Portugués, que vai desde Pontevedra ata o Mosteiro da Armenteira (Meis) e atravesa boa parte de Combarro.
Ademais, farano participando nun proxecto en clave medioambiental, a través da plantación de 200 exemplares de cereixos.
Os responsables desta iniciativa explicaron que a actividade constará de dúas saídas, que terán lugar o mércores 21 e o xoves 22, destinadas a alumnos de 3º e 4º de Primaria. Os autobuses pasarán polos centros a buscar aos participantes.
Os concelleiros Raquel Rodríguez e Xosé Luis Martínez, responsables de Educación e Medio Ambente, e os directivos da comunidade de montes explicaron que esta actividade realízase nesta época do ano porque é o momento máis axeitado para a plantación desta especie.
A intención dos organizadores é repetir esta acción no futuro.