Fenosa dotará a Barro dunha nova conexión eléctrica para evitar futuros cortes na rede
Por Redacción
Os continuos cortes na subministración eléctrica que Barro sufriu a finais do ano pasado levaron ao alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, a pedir explicacións á compañía Unión Fenosa ao entender que causaron molestias e inconvintes a veciños e comerciantes.
Foi nunha xuntanza que o rexedor mantivo con representantes da empresa, que explicaron os motivos das distintas avarías que deron lugar a eses cortes.
Unión Fenosa comprometeuse a que durante o ano 2020 van a executar as obras necesarias para conectar toda a rede do Concello á subestación existente no polígono de Curro.
Estas obras permitirán ter un dobre punto de subministro que garanta que, no caso de se producir unha avaría desde a subestación de Tivo, en Caldas de Reis, que é de onde provén o subministro actual, se poida conectar toda a rede de Barro á subestación de Curro para restaurar o servizo con maior rapidez.
O alcalde agarda que as obras se executen na maior brevidade posible e que sirvan para evitar futuros cortes no subministro, de xeito que os veciños conten cun servizo de calidade.
Relacionadas:
-
Fenosa investirá máis de 380.000 euros para dotar as parroquias de Barro de dobre suministro eléctrico
Por Redacción |
-
Fenosa inicia as obras para poder dar luz a todo Barro desde a subestación de Curro
Por Redacción |
-
O viveiro do polígono de Barro roza o cheo coa incorporación de dous novos proxectos
Por Redacción |