O PP critica ao alcalde de Ponte Caldelas por xestión do PXOM
Por Oskar Viéitez
O grupo municipal do Partido Popular acusa ao alcalde do Concello de Ponte Caldelas, Andrés Díaz pola tramitación do borrador do Plan Xeral de Ordenación Municial (PXOM) que "optou agora por deixar no caixón despois de levantar falsas espectativas entre os veciños e despilfarrar milleiros de euros na redacción dun documento que non foi consensuado coa veciñanza, nin presentado ante os grupos da oposición, nin levado ante o Pleno Municipal".
Os populares aseguran que o alcalde Andrés Díaz "tivo que recoñecer pola vía dos feitos" que ese Plan Xeral "se agochaba tras do escurantismo e a falla de transparencia, non gozaba dos apoios necesarios para ser levado a cabo" polo que acusan ao rexedor de ser "incapaz de xestionar un urbanismo que dea resposta ás necesidades de crecemento ordenado que demanda a veciñanza de Ponte Caldelas".
Segundo Antón Xil, voceiro do PP, "Andrés Díaz adicouse durante anos a criticar duramente a Perfecto Rodríguez, por retirar o PXOM, precisou de 5 años e gastar milleiros de euros dos veciños para chegar á conclusión de que o seu antecesor tiña razón naquel momento e que era o máis convinte para o interese xeral".
O grupo municipal do PP esixiralle no vindeiro Pleno explicacións e responsabilidades "por unha nula xestión e un modelo de funcionamento municipal autoritario e antidemocrático que pretende funcionar ao marxe dos órganos de representación da cidadanía como é a Corporación Municipal e as distintas comisións informativas e de control municipal".