Dous menores sofren danos no impacto de dous vehículos na rotonda de Vilariño
Por Redacción
Dous menores de idade necesitaron asistencia médica na noite deste sábado 11 como consecuencia dunha colisión por alcance que se producía entre unha pequena furgoneta e un turismo na rotonda de Vilariño, no municipio de Cambados.
Segundo a información facilitada polo servizo de Emerxencias do 112 Galicia, o accidente rexistrábase pasadas as 22.00 horas cando un vehículo era alcanzado por outro nun ceda ao paso. O impacto causaba lesións aos dous menores que viaxaban no turismo que se atopaba detido no ceda.
Desde o 112 Galicia alertábase aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, axentes da Garda Civil de Tráfico e membros do servizo local de Protección Civil de Cambados.