O Pleno de Marín rexeita transferir a Urbaser o servizo de recollida de lixo
Por Redacción
O Pleno da Coporación do Concello de Marín acordou denegar a cesión do contrato de recollida de lixo solicitado pola actual adxudicataria (Recolte) en favor de Urbaser, entidade que absorbeu recentemente a Recolte.
As razóns polas que o goberno local négase a transferir o servizo a esta empresa baséase en que existen impedimentos á cesión do contrato xa que as "calidades técnicas de Recolte foron parte fundamental da razón para a adxudicación do contrato xa que para a adxudicación valoráronse tanto os criterios automáticos como outros dependentes dun xuízo de valor, sendo a puntuación final a combinación de ambos os tipos de criterios", recolle o informe do arquitecto técnico municipal, no que se baseou a Concellería de Medio Ambiente para rexeitar a cesión.
Para o técnico municipal non é posible probar que a execución do contrato por parte de Urbaser poida cumprir cos mesmos estándares de calidade que Recolte. Por iso, o goberno local decide pedirlle a esta empresa un estudo, a entregar no prazo de dez días, no que xustifique "con datos reais" como podería prestar o servizo de recollida de lixo coas mesmas garantías que a actual adxudicataria e sen exceder o orzamento establecido na concesión.
Urbaser non presentou o documento requirido e o Pleno aprobou a denegación da transferencia do devandito servizo.