Dispositivo especial de tráfico con motivo da San Silvestre
Por Oskar Viéitez
A carreira San Silvestre, habitual cita deportiva central do fin de ano en Pontevedra, implicará, un ano máis, un operativo especial de tráfico da Policía Local.
A carreira está prevista para as 17.00 horas deste martes 31 con saída e chegada na avenida de Montero Ríos e terá, tal e como xa se ten anunciado, un percorrido de 4,7 quilómetros. Por todas esas rúas e prazas, o tráfico estará pechado.
O dispositivo de tráfico non implica restricións de estacionamentos, se ben os vehículos que se atopen estacionados no percorrido non poderán moverse ata o remate da proba deportiva.
Os cortes de tráfico serán puntuais, de tal xeito que se restablecerá a circulación ao paso da proba. De feito, o percorrido iniciarase polas rúas de máis intensidade de tráfico (praza de Galicia, Raíña Vitoria e Alameda), de modo que se poderá retomar a circulación en toda esa zona en menos de dez minutos.
A proba ten unha duración aproximada dunha hora desde a súa saída na avenida de Montero Ríos e pasará polas rúas Alameda, Raíña Vitoria, Augusto García Sánchez, General Rubín, paseo río Gafos, praza da COnstitución, praza de Galicia, Andrés Mellado, Peregrina, praza da Peregrina, Oliva, Riestra, Gutiérrez Mellado,praza da Peregrina, Soportales, praza de Curros Enríquez, Real, Sarmiento, Gregorio Fernández, praza da PEdreira, Serra, Valentian García Escudero, Ponte, praza do Peirao, Arcebispo Malvar, Pardo Bazán, praza de Concepción Aenal, Martitegui, Prudencio Landín, praza de España e Montero Ríos.