![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/966/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MrK0UqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQKcpMzyjRyc1MSclJVbKuBQA=_/5e060cf12c-71565857_1347640978727816_7607943731982893056_o.jpg)
© Protección Civil de Vilagarcía / Facebook
Unha muller ferida ao chocar co seu turismo contra un muro en Vilagarcía
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Unha muller resultou ferida nun accidente de tráfico ocorrido sobre as 12.15 horas do mediodía deste venres en Vilagarcía de Arousa.
Segundo a información facilitada polo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, un particular alertou do sucedido, relatando que a muller resultara ferida ao chocar co seu turismo contra un muro na rúa Muíño Novo, na parroquia de Rubiáns.
Segundo o relato deste particular, a muller atopábase ferida no interior do turismo e estaba totalmente accesible.
Desde o 112 pasouse aviso ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Local, aos Bombeiros do Salnés e aos membros do Servizo de Emerxencias de Vilagarcía.