Un particular rescata da auga un home despois de afundirse o seu bote en Raxó
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Unha persoa foi rescatada da auga a primeira da tarde deste luns no peirao de Raxó despois de que o bote no que navegaba afundise.
Todos ocorreu sobre as catro da tarde. Segundo a información facilitada polo Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, un particular pediu axuda ao ver a unha persoa no mar no peirao de Raxó
Unha persoa particular saíu á auga para prestarlle axuda ao home que se atopaba na auga e logrou rescatalo. Unha vez en terra, foi trasladado a un centro hospitalario polos servizos sanitarios.
O 112 mobilizou a Salvamento Marítimo, a Garda Civil, os Gardacostas de Galicia, Protección Civil de Poio e Urxencias Médicas de Galicia 061, aínda que finalmente tan só foi necesario que interviñesen os servizos sanitarios, ao ser rescatado o home polo citado particular.