Marín xa respira ambiente de Nadal con achegas de agasallos
Por Redacción
A asociación de mulleres O Abeiro abrían este mércores o mercado solidario con produtos de segunda man e mobles restaurados no espazo acristalado do Multiusos da Praza de Abastos de Marín.
Ata o 7 de xaneiro, en horario de 10.30 a 13.30 horas aquelas persoas interesadas tamén nos traballos elaborados polas preto de 65 usuarias da asociación poderán achegarse ata esta zona e colaborar con esta iniciativa solidaria.
Durante este mércores, a alcaldesa María Ramallo tamén acudía ao Salón de Actos do centro San Narciso onde escoitou as panxoliñas do coro. que interpretou o tema con estilo moderno que compuxeron este ano para celebrar o Nadal. Ramallo recibía tamén unha postal de recordo elaborada por un estudante.
A alcaldesa, acompañada polos concelleiros Marián Sanmartín e Manuel Santos tamén se achegaban polo centro terapéutico para persoas con Alzheimer da Finca de Briz. Este espazo leva en funcionamento desde outubro coa colaboración da asociación Afapo.
O Concello regalaba paraugas ás persoas usuarias, para a continuación achegarse aos obradoiros de memoria, que se desenvolven na estancia lindeira ao centro.