O xoves pecha ao tráfico a rúa San Antoniño
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Concello de Pontevedra informou que este xoves 19 de decembro pecha ao tráfico a rúa San Antoniño na súa intersección coa rúa Gonzalo Gallas.
O peche está motivado por obras na rede de subministro eléctrico e realizarase na franxa horaria comprendida entre as 9:10 e as 13:30 horas.
Para garantir a mobilidade pola zona habilitarase un desvío polas rúas Víctor Cervera Mercadillo e Gerardo Álvarez Limeses.