Dous mozos transportan nun ciclomotor un patinete eléctrico e o condutor dá positivo en drogas
Por Redacción
A Policía Local de Poio sorprendeu dous mozos que viaxaban nun ciclomotor transportando un patinete eléctrico. Ademais, o condutor deu positivo en consumo de drogas.
Todo sucedeu na quenda de mañá deste xoves 12 de decembro. Unha patrulla observou un ciclomotor con dous ocupantes e que saían polos laterais do vehículo dous bultos. Ao darlle o alto, os axentes comprobaron que transportaban un patinete eléctrico, co perigo que esa conduta conleva.
Os policías decidiron realizar ao condutor as probas de alcol e drogas e deu positivo en drogas.
A Policía Local tramitou as denuncias administrativas correspondentes e procedeu a inmobilizar os dous vehículos.