Entrega de condecoracións ao Mérito Civil e de Protección Civil en Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba presidiu este venres o acto institucional para celebrar a ratificación da Constitución Española de 1978.
Como en anos anteriores, a subdelegación entregou as medallas ao Mérito Civil e de Protección Civil, destacando os actos "altruístas e solidarios" tanto por parte de membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado como da sociedade civil.
Nesta ocasión, foron distinguidos coa Cruz de Prata ao Mérito Civil, os membros do Corpo Nacional de Policía, Carlos Iglesias de Santiago e Juan Manuel Hermida Rodríguez.
Tamén se lle outorga a Cruz de Prata ao Mérito Civil ao Cabo Primeiro da Garda Civil e Xefe de Patrulla de Seprona de Vilagarcía, Héctor Mariano García Coello.
Pola súa banda fíxose entrega da medalla de Bronce con Distintivo Azul de Protección Civil, ao percebeiro Hugo Uhía Sueiro en recoñecemento á súa acción de auxilio a dous submarinistas que se atopaban con problemas serios nas proximidades da praia de Foxos no municipio de Sanxenxo. Os feitos ocorreron o pasado 6 de febreiro, cando Hugo Uhía non dubidou en arroxarse ao mar, a pesar das malas condicións e a proximidade a zona rochosa, ao decatarse que un dos submarinistas atopábase indisposto e o outro era incapaz de auxiliarlle. Coa colaboración doutros percebeiros, puideron ser rescatados e atendidos polos servizos de emerxencias.
Pola súa banda, o contramestre do Real Club Náutico de Sanxenxo, Carlos Agra Carrera, recibirá igualmente a medalla de Bronce con Distintivo Azul de Protección Civil pola súa participación activa o día 19 de abril no rescate de dous turistas menores de idade que quedaron illados nunhas rocas na praia de Pragueira, tras subir a marea. Sen dubidalo, acudiu coa súa propia embarcación para auxiliar aos servizos de emerxencia que trataban de establecer un roteiro de evacuación tras nadar ata onde se atopaban as menores e lograr unha comunicación segura cos illados ata que chegou a colaboración dunha embarcación de Aduanas.
Neste acto a Subdelegación do Goberno contou coa participación da banda da Escola Naval Militar de Marín que interpretou diversas pezas musicais a todos os asistentes.
Relacionadas:
-
A sociedade civil toma a palabra para defender dereitos fundamentais na homenaxe pontevedresa á Constitución
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
Protección Civil recibe un remolque que axilizará as súas intervencións en situacións de emerxencia
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
Maica Larriba defende "a sociedade de dereitos e igualdade que é España"
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |