Denuncian o estado ruinoso dun edificio da rúa Real de Marín
Por Redacción
Un veciño de Marín fixo pública a súa denuncia do estado ruinoso no que se atopa un edificio situado na rúa Real desta localidade para pedir ao Concello que actúe para atallar a situación.
Este marinense denuncia o estado "lamentable" e "bochornoso" do edificio número 7 da rúa, que asegura que se converteu nun "pombal xigantesco".
Critica, ademais, que xa denunciou esta situación en varias ocasións ante diversas persoas vinculadas co Concello e non viu "ningún tipo de resultado" e pide que "tomen cartas no asunto".