O 'tren da ilusión' fai parada na escola Abrente de Portonovo
Por Redacción
Todo aquel que durante o mes de decembro entre na escola Abrente de Portonovo vaise atopar cunha sorpresa: una estación de tren na que miren para onde miren atoparán cousas moi especiais por todos os recunchos.
Así, as portas das aulas transformáronse en casiñas de galleta de xenxibre e que representan as estacións da felicidade, da ilusión e da maxia.
Tamén está a fiestra da venda de billetes e da información e as vías do tren que percorren toda a escola, rodeando as árbores de Nadal que decoraron os alumnos do colexio.
Os nenos e nenas da escola, trasladan desde o centro, queren sempre camiñar polas vías, vendo que do teito colgan infinidade de motivos de Nadal.
O máis importante, con todo, é que enriba dos vagóns viaxan todos os pequenos disfrazados de trasnos xunto coas súas maquinistas -as mestras- para desexar a todos unhas boas festas.