O PP de Vilaboa critica a "pasividade" do Goberno local no mantemento da praia de Deilán
Por Redacción
A voceira do Partido Popular de Vilaboa, Beatriz Rosendo, critica a "preocupante pasividad do bi-goberno de Vilaboa".
Para os populares resulta especialmente grave o feito de que, a pesar de contar con persoal contratado para tarefas de limpeza e mantemento e de dispor dos medios materiais necesarios para desenvolver este tipo de labores, o Goberno local permita que a praia estivera chea de algas.
Os populares recolleron queixas "unánimes" por parte dos usuarios deste areal que é moi utilizado polos veciños de Vilaboa e ultimamente por turistas o ser unha praia segura e moi acolledora.
O Partido Popular de Vilaboa "lamenta dar esta imaxe ós visitantes do noso concello, e que os veciños de Vilaboa non poidan disfrutar dos poucos areais que temos, debido a inoperancia dun bi-goberno que está ausente, pois hai que organizar a retirada das algas tendo en conta as mareas".
"Por iso, e dado o desinterese mostrado do equipo de goberno polo estado da praia de Deilán o Partido Popular pedirá no pleno de xullo que se limpe a praia e se retiren as algas diariamente", dixo Beatriz Rosendo.