Primeiros controis do radar que "salta" a 12 quilómetros por hora
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/ed5/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjK0UipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0inJL1CyrgUA_/5de38a4160-whatsapp-image-2019-11-30-at-13.19.34-1-.jpeg)
© PontevedraViva
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/2e4/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5de38abb2b-whatsapp-image-2019-11-30-at-13.19.34-2-.jpeg)
© PontevedraViva
Para demostrar que a medida vai en serio a Policía Local de Pontevedra convocou este sábado aos medios de comunicación para anunciar os primeiros controis do radar que "salta" a 12 quilómetros por hora. Na primeira xornada non houbo sancionados.
O Concello de Pontevedra implantou a velocidade máxima de 10 quilómetros por hora no centro histórico e en todas as rúas do centro de plataforma única, é dicir, cun só nivel de altura para estrada e beirarrúa, nas que convivan peóns e vehículos
O primeiro control para visibilizar esta medida tivo lugar na rúa Arcebispo Malvar. O radar velo láser situouse fronte ás escalinatas da Basílica de Santa María e o furgón de atestados localizouse 100 metros máis adiante, no cruzamento coa rúa Emilia Pardo Bazán.
Segundo explicaron os axentes velo láser foi axustado para alertar a aqueles vehículos que superen os 12 quilómetros por hora.
A Policía Local ten previsto continuar con esta campaña de control ata o próximo día 5 de decembro.
Relacionadas:
-
Ningún condutor foi denunciado por exceso de velocidade na 'zona 10'
Por Redacción |
-
Radares móbiles vixiarán no Nadal que se respecte a 'zona 10' en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Lores pide a Tráfico que inclúa medidas probadas "con moito éxito" en Pontevedra na nova normativa
Por Alejandro Espiño |
-
A 'améndoa central' de Pontevedra convértese en 'zona 10' esta mesma semana
Por Alejandro Espiño |