A Lama visibiliza a lacra da violencia de xénero
Por Redacción
A Asociación Mulleres en Igualdade de Vigo protagonizou a conferencia "Violencia de xénero: Unha realidade oculta" organizada polo CIM da Lama e a Asociación Mulleres en Igualdade de Cerdedo-Cotobade, A Lama, Ponte Caldelas no Salón de Plenos do Concello dentro dos actos que levan a cabo para conmemorar o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
María José Villamarín, representante da directiva de Mulleres en Igualdade de Vigo explicou na presentación desta charla-coloquio a importancia de coñecer de que maneiras se manifesta a violencia contra a muller en calquera das súas formas.
Nesta conferencia déronse as claves para previr e eliminar a lacra da violencia de xénero que pasan por unha educación que incida nos valores da igualdade. Os relatores que participaron neste coloquio foron o avogado Guillermo Iruelas, a psicóloga María José Armas, a politóloga Andrea Damea e a socióloga Chaty González.
Nas conclusións, subliñouse que a implicación de toda a sociedade é fundamental e que gobernos, organizacións e entidades deben traballar da man para convocar actividades dirixidas a sensibilizar sobre esta lacra e a reclamar políticas públicas para previla e acabar con ela.
Relacionadas:
-
O CEIP do Carballal de Marín vai rehabilitarse enerxeticamente cun orzamento superior a 700.000 euros
Por Redacción |
-
Concentración silenciosa en Bueu en contra das violencias machistas
Por Redacción |
-
Vilaboa sae á rúa para renovar o seu "firme compromiso" contra a violencia de xénero
Por Redacción |