O CEIP do Carballal de Marín vai rehabilitarse enerxeticamente cun orzamento superior a 700.000 euros
Por Redacción
O CEIP do Carballal, situado en Viñas Brancas, Marín, someterase a obras para mellorar a eficiencia enerxética das instalacións. A consellería de Educación publicou a licitación da rehabilitación deste centro por un importe de 702.721 euros.
As obras previstas centraranse na instalación na fachada de illamento exterior continuo tipo SATE de poliestireno expandido EPS. Tamén se colocarán fiestras novas de carpintería de aluminio con vidro dobre e novas persianas de láminas de aluminio que garante o mantenemento do calor. Estas medidas, segundo a Xunta de Galicia, suporán un aforro anual do 24,19% en consumo de enerxía primaria e do 26,52% en emisións de CO2.
Tamén se mellorarán os revestimentos e a carpintería interior e se repararán e pintarán as paredes interiores do centro. O proceso para adxudicar as obras rematará antes de xuño de 2020.
A consellería de Educación establece un prazo de execución de dous meses e medio, polo que o colexio estará xa reformado no inicio do curso 2020-21.