O PP esixe a comparecencia en Pleno do alcalde e Carme Da Silva polo "caso dos semáforos"
Por Oskar Viéitez
Os concelleiros do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez e Pepa Pardo, avanzaron este mércores que o seu grupo municipal ven de solicitar mediante rexistro a comparecencia no próximo pleno do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e a concelleira Carme Da Silva, para dar explicacións sobre o coñecido como "caso de los semáforos", no que o xefe da Policía Local de Pontevedra, Daniel Macenlle, "acusó sin pruebas a dos de sus compañeros" de manipular un semáforo durante a xornada do 31 de decembro de 2018, coincidindo cunha protesta laboral de axentes.
Trátase dunha petición de comparecencia asinada pola totalidade dos concelleiros do Partido Popular co obxectivo de "atacar uno de los grandes problemas del Concello de Pontevedra: la falta de transparencia".
O portavoz do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, criticou "el ocultismo y la carencia de explicaciones" dos implicados en "una denuncia sin pruebas".
Domínguez mantivo que "Pontevedra no se merece que el BNG pisotee la imagen de nuestra Policía Local. Los agentes que nos protegen cada día, que son un apoyo y que ofrecen un servicio de seguridad merecen algo mejor de Lores y el BNG".
Relacionadas:
-
O goberno local apoia á concelleira Carme da Silva ante a petición de dimisión realizada polo PP
Por Redacción |
-
Rafa Domínguez pide a dimisión de Carme da Silva polas súas acusacións contra a Policía Local
Por Natalia Puga |
-
Axentes da Policía Local esixen o cesamento do seu xefe, Daniel Macenlle
Por Manu Otero |
-
Eva Villaverde acusa ao PP de "azuzar" o caso dos semáforos cun "claro interese partidario e partidista"
Por Oskar Viéitez |
-
Rafa Domínguez "interpreta" que o goberno local utiliza politicamente á Policía Local
Por Anxo Lourido |