Eva Villaverde acusa ao PP de "azuzar" o caso dos semáforos cun "claro interese partidario e partidista"
Por Oskar Viéitez
A concelleira responsable de Seguridade Cidadá no Concello de Pontevedra, Eva Villaverde, acusou ao Partido Popular de "azuzar" a polémica xerada polo denominado "caso dos semáforos" cun interese "partidario e partidista".
Eva Villaverde saíu ao paso da solicitude do portavoz do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, para que se convoque de maneira "extraordinaria e urxente" unha comisión de réxime interior para que o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, e a concelleira Carme da Silva expliquen a "denuncia sen probas" a dous axentes municipais por parte do intendente xefe da Policía Local, Daniel Macenlle.
Tirando de retranca a concelleira nacionalista quixo "agradecer sinceramente" esa comparecencia na que "o PP deixa en evidencia que o tema da Policía Local en Pontevedra é clara e rotundamente un conflito partidario, partidista ou mesmo político no mal sentido da palabra".
A concelleira de Seguridade Cidadá insistiu na intencionalidade do PP para chamar a atención sobre este tema, "e se pode ser en campaña e atacando a unha candidata mellor que mellor, que lle sacamos máis rendibilidade", dixo.
Este "modus operandi" engadiu Eva Villaverde que ve paralelismos entre este conflito e o vivido na Deputación co sindicato Comisións Obreiras no Parque de maquinaria, "xa vemos que son, que casualidade, os mesmos".
Por ser un "procedemento regrado interno" a concelleira non quixo valorar o auto de arquivo emitido polo Xulgado de Instrución número tres de Pontevedra no que queda sobreseída de maneira provisional a denuncia contra dous axentes da Policía Local da cidade pola suposta manipulación duns semáforos o 31 de decembro de 2018, mentres se celebraba a carreira de San Silvestre e unha protesta laboral do persoal dos policías locais.
Relacionadas:
-
O PP esixe a comparecencia en Pleno do alcalde e Carme Da Silva polo "caso dos semáforos"
Por Oskar Viéitez |
-
Axentes da Policía Local esixen o cesamento do seu xefe, Daniel Macenlle
Por Manu Otero |
-
Rafa Domínguez "interpreta" que o goberno local utiliza politicamente á Policía Local
Por Anxo Lourido |
-
CC.OO. pide a Lores "responsabilidades políticas" e desculpas coa Policía Local tras o arquivo do "caso do semáforo"
Por Redacción |
-
O Concello respalda o xefe da Policía Local: "Sería inadmisible" que actuara doutro xeito, afirman
Por Alejandro Espiño |
-
Os sindicatos lamentan as "mentiras" do Concello e defenden a inocencia dos policías investigados
Por Alejandro Espiño |
-
Fiscalía investiga dous policías locais por manipular semáforos en Pontevedra
Por Redacción |