VIDEO.- Incendio nun bazar chinés da rúa Peregrina
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
Os Bombeiros de Pontevedra tiveron que acudir á rúa Peregrina para sufocar un incendio rexistrado nun bazar chinés. O lume localizouse nun altillo que este baixo comercial utiliza como almacén.
O incendio provocou unha densa fumareda que provocou o desaloxo dos veciños das tres plantas deste inmoble, situado no edificio número 55 desta céntrica rúa.
O tipo de material almacenado, de alta carga combustible, complicou os traballos de extinción.
A Policía Local tamén cortou o tráfico na rúa Andrés Mellado e acordoou a zona como medida de seguridade.
Ata o lugar dos feitos tamén se desprazou unha ambulancia, aínda que non consta que haxa danos persoais.
Incendio nun bazar chinés da rúa Peregrina
O lume localízase nun altillo que este baixo comercial utiliza como almacén. O incendio provocou unha densa fumareda que provocou o desaloxo dos veciños das tres plantas deste inmoble, situado no edificio número 55 desta céntrica rúa
© Raúl Álvarez