Renovan os colectores de lixo do Mercado, Benito Corbal e Virxe do Camiño
Por Redacción
As rúas pontevedresas de Benito Corbal, Virxe do Camiño e a contorna do Mercado de Abastos teñen novos contedores de lixo.
O Concello de Pontevedra concluíu esta semana a substitución destes colectores de 800 litros de capacidade nunha actuación que completa a realizada hai unhas semanas na zona monumental para mellorar a imaxe da cidade despois de que os hostaleiros queixásense do mal funcionamento do sistema de recollida de residuos.
A empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo instalou dez novos contedores nestas rúas. Estes recipientes, xunto cos instalados no centro histórico, son de carga frontal e máis pequenos que os do resto de rúas da cidade, xa que o camión de carga lateral ten dificultades para manobrar nas rúas máis estreitas.
A renovación dos contedores súmase á campaña que acaba de poñer en marcha a concellería de xestión de residuos na que lembra aos establecementos comerciais e hostaleiros da zona vella que a recollida do vidro e o cartón realízase porta a porta.