Louzán anuncia novas bolsa-contrato a partir de setembro
Por Oskar Viéitez
O presidente da Deputación Rafael Louzán recibiu este mércores ós 330 bolseiros do plan de inserción laboral, acompañado da deputada provincial Ana Isabel Vázquez, a xefa de Servizos de Recursos Humanos María Jesús Torres, e o responsable de Servizos Xurídicos da Deputación Bernardo Sartier, nun acto no que animaron ós bolseiros a aproveitar esta oportunidade única.
Unhas 13.000 persoas optaron aos 330 postos de traballo.
Contaron a súa experiencia cinco bolseiros pertencentes a Mouriscade, Areeiro, Sanxenxo e A Guarda, que falaron sobre o traballo nos seus respectivos servizos e que salientaron a grande oportunidade brindada pola institución para coller experiencia no ámbito para o cal están preparados.
Unha gran oportunidade debido ás dificultades existentes na procura dun traballo dentro das nosas fronteiras cun 57% de paro xuvenil para os menores de 25 anos.
Rafael Louzán anunciou que en setembro sairán unhas novas bases para outra convocatoria e seguir nesta liña de apoio. Indicou que neste caso, as becas serán para traballar na Administración, e tamén con entidades privadas, empresas públicas o centros de investigación, ampliándose a oferta laboral a través de convenios.
Neste 2013, a o organismo provincial dará emprego directo a 3.370 persoas ás que hai que sumar varios miles de persoas máis que poden manter o seu posto de traballo grazas á actividade inversora da Deputación, que permite que unhas 250 empresas teñan agora contratos coa Administración Provincial.