Feridos catro menores nun accidente de tráfico en Xeve
Por Oskar Viéitez
Segundo os datos facilitados polo 112, catro menores de idade resultaron feridos nun accidente rexistrado en Pontevedra.
O sinistro tivo lugar sobre as 21.05 horas do martes na estrada de Lérez, na parroquia de Santa María de Xeve.
Foi un particular quen alertou ao servizo de urxencias que se produciu unha saída de vía tras chocar o vehículo con outro, que seguiu a marcha.
Foron mobilizados Protección Civil, Garda Civil de Tráfico e o 061, que desprazou ao lugar unha ambulancia asistencial que trasladou a catro menores ao Hospital Domínguez, segundo indicaron fontes sanitarias.