Deteñen no Vao unha pontevedresa reclamada pola Xustiza por un delito de tráfico
Por Redacción
Os dispositivos de seguridade cidadá que realiza a Garda Civil de Pontevedra na contorna dos poboados do Vao, en Poio, deixou esta fin de semana un balance de tres persoas investigadas ou detidas por delitos contra a seguridade viaria.
En concreto, segundo a información facilitada pola Garda Civil, detiveron unha veciña de Pontevedra que estafa fuxida da Xustiza. Tiña en vigor unha orde de procura e comparecencia ditada polo Xulgado de Instrución número 3 de Pontevedra en relación cun delito contra a seguridade viaria.
Ademais, foron arrestados un veciño de Pontevedra e outro de Marín interceptados o sábado e o domingo, respectivamente, cando circulaban co permiso de conducir sen puntos na zona do Vao.
No caso do veciño de Pontevedra tamén deu positivo na proba de alcoholemia que lle deron os axentes tras darlle o alto.
Os dous foron investigados penalmente como presuntos autores dun delito contra a seguridade viaria.