![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/26c/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5db9ad312c-labora02.jpg)
© Deputación de Pontevedra
O Pazo Provincial énchese de oportunidades e claves para o emprego
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/461/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5db9ae1b84-labora03.jpg)
© Deputación de Pontevedra
O Salón de Plenos do Pazo provincial encheuse este mércores de oportunidades e claves para o emprego coa xornada "Motivación e apoio a persoas con dificultades no acceso ao emprego" organizada pola Deputación de Pontevedra ao abeiro do proxecto "Labora 2020".
O obxectivo desta actividade, á que asistiron máis de 100 persoas e que tamén se puido seguir a través da páxina web da Deputación, foi proporcionar claves para que as persoas pertencentes a colectivos vulnerables, e que polo tanto téñeno máis difícil á hora de acceder ao mercado laboral, poidan mellorar as súas habilidades, superar as barreiras para buscar traballo, fomentar a súa marca persoal e tamén coñecer diversas entidades que traballan pola inclusión no mercado do emprego.
A xornada contou cos relatorios da psicóloga Laura Chica; a coach da Escola Europea de Líderes, Yolanda Villar; o coordinador do servizo de emprego da Asociación Bata, Ignacio Rey; o director da Fundación para o Emprego da Asociación Juan XXIII, Diego Chapela e da técnica de selección de persoal da empresa Clece, Flavia González.
A través de "Labora 2020", cofinanciado polo Fondo Social Europeo e cun orzamento total de 4,8 millóns de euros, a Deputación organiza itinerarios formativos, integrados e personalizados en 16 concellos entre 2019 e 2021.