E podemos imprimir euros?, preguntan no obradoiro de inventos da Feira Franca
![Oskar](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/b40/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/573b7bbf54-perfil.jpg)
Por Oskar Viéitez
A pregunta non a formulou o ministro de Hacienda, Cristobal Montoro, senón un dos rapaces que participan no obradoiro de inventos da Feira Franca.
Co frescor que achega o Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA) un grupo de nenos de entre cinco e dez anos de idade descobren quen foi Johannes Gutenberg (1398-1468) e a revolución que supuxo o invento da imprenta.
Unha invención que segundo o escritor arxentino Federico Andahazi non foi outra cousa que unha máquina para falsificar manuscritos.
De momento, do taller de Pontevedra non saen billetes, pero os pequenos xa coñecen polo miúdo o funcionamento da imprenta e o que supuxo para a historia da humanidade.
Cando chegue a Feira Franca terán que ser eles os que llelo expliquen ao resto da cidadanía dentro dunha das iniciativas organizadas pola Concelleira de Festas, Carmen da Silva.