Marga Caldas, á fronte dun renovado BNG de Poio
Por Redacción
Un BNG renovado e cunha ampla presenza de novos valores. Así é a nova etapa que abren os nacionalistas de Poio que, a partir de agora, estarán liderados pola edil Marga Caldas.
Substitúe no cargo a Xosé Luis Martínez, tamén concelleiro do BNG no municipio. Ela estará á fronte dun consello local que terá a Xosé Rial como vicerresponsable.
O equipo complétase con Alberte Fernández, María Pousada, Francisco Acuña, Josefa Otero, Alfonso Villanueva e Xan Cambón.
Este novo consello local, máximo órgano na localidade do BNG, márcase a defensa dos intereses dos veciños de Poio, a dotación de servizos e infraestruturas ou o traballo para seguir creando país desde o municipio como os seus principais obxectivos.
Para iso, o BNG de Poio avanza quere traballar da man non só dos militantes e simpatizantes do concello, senón tamén da propia veciñanza.
"A procura de solucións aos problemas que temos e o desenvolvemento de proxectos que constrúan un Poio mellor debe buscarse xerando complicidades coa veciñanza e coas organizacións sociais", sinalan desde a organización nacionalista.
Ese debe ser o camiño, engaden, para ilusionar á veciñanza e á militancia e ampliar a base social do BNG na localidade.