Preto de 10.000 pacientes da área sanitaria de Pontevedra reciben tratamentos anticoagulantes
Por Redacción
Diariamente máis de 600 pacientes en Atención Primaria e 150 pacientes en Atención Hospitalaria da área sanitaria de Pontevedra reciben tratamentos ou controis de anticoagulacion.
Entre xaneiro e setembro de 2018 os dispositivos asistenciais do Sergas nesta área sanitaria atenderon 195.000 contactos con pacientes en tratamento de anticoagulación, o que xerou unha media de 21.000 ao mes.
Preto de 10.000 pacientes -un 3% da poboación de referencia da área sanitaria de Pontevedra- reciben tratamentos anticoagulantes.
Así o sinalou o xerente, José Ramón Gómez Fernández, na inauguración esta tarde en Montecelo dunha nova xornada de Atención Integrada e Continuidade Asistencial centrada na atención integrada en anticoagulación, á que asistiron máis de 70 profesionais sanitarios de Atención Primaria e Atención Hospitalaria da área.