Un centenar de persoas protestan contra a sentenza do "procés"
Por Oskar Viéitez
Un centenar de persoas participou este luns na Praza da Peregrina nunha concentración en sinal de protesta contra a sentenza do "procés" na que o Tribunal Supremo condena por sedición aos nove líderes independentistas cataláns impoñéndolles penas de entre 9 e 13 anos de cárcere.
O exvicepresidente da Generalitat Oriol Junqueras afronta a pena máis alta, 13 anos, por un delito de sedición en concurso medial con malversación.
Os participantes nesta protesta baixo o lema "Galiza con Catalunya" mostraron o seu rexeitamento a este fallo do Alto Tribunal ao considerar que se trata dun xuízo "inxusto e desproporcionado" contra unhas persoas que van ir a prisión "por defender ideas políticas".
Na concentración participaron concelleiras membros do goberno local como Carme da Silva, Anabel Gulías ou Eva Vilaverde, xunto ao deputado do BNG, Luís Bará; o alcalde de Poio, Luciano Sobral; ou o secretario comarcal do sindicato CIG, Marcos Conde.