Interceptan un mozo de 27 anos que circulaba sen puntos no permiso pola PO-308
Por Redacción
Sen permiso de conducir por carecer de puntos. Así circulaba un mozo de 26 anos, veciño de Caldas de Reis, pola PO-308 en dirección a O Grove cando foi interceptado pola Garda Civil de Sanxenxo nun control policial.
Foi sobre as 05.00 desta madrugada. Axentes do cuartel da Garda Civil de Sanxenxo estaban realizando un control de identificación de persoas e vehículos na estrada PO-308 en dirección O Grove. Alí identificaron ao condutor dun turismo marca Seat Ibiza, que conducía o mozo, que responde ás iniciais V.M.A.G.
Consultado o estado do seu permiso de conducir, os axentes comprobaron que tiña retirado o permiso de conducir por carecer de puntos e non realizar o curso de reciclaxe, polo que se lle imputou por un delito contra a seguridade do tráfico.
Non se procedeu a inmovilización do turismo xa que, segundo sinala a Garda Civil, ao ir de acompañante unha persoa que posuía o permiso en vigor, fíxose cargo do vehículo.