Unha disputa doméstica permite á Garda Civil localizar 304 prantas de marihuana en Vilanova de Arousa
Por Redacción
A Garda Civil incautou 304 prantas de marihuana nunha vivenda de Vilanova de Arousa e imputou dúas persoas por un delito contra a saúde pública. Pero o máis curioso do caso é que os axentes descoñecían por completo que en dita casa se estivese cultivando a droga. Foran chamados polos propios habitantes da vivenda por un problema familiar entre eles.
O achado tivo lugar o pasado 4 de xullo. Axentes do cuartel da Garda Civil de Vilagarcía de Arousa acudiron a dita vivenda, situada na parroquia de Tremoedo (Vilanova de Arousa) despois de que os seus habitantes chamasen para solucionar un problema doméstico.
Unha vez no lugar e trala entrevista coa muller que a pediu o auxilio, os gardas civís observan nunha das terrazas da vivenda, unha serie de macetas con plantas de marihuana.
Solucionado o incidente que motivara a presenza da Garda Civil na vivenda, os axentes do Corpo, co consentimento dos ocupantes da casa, efectuaron un rexistro do domicilio, en cuxo interior descubriron toda unha infraestructura destinada ao cultivo de marihuana. Nela había 304 prantas de marihuana, en distintos estados de crecemento. Unha vez esfolladas arroxaron un peso superior aos tres kilogramos.
Por iso, os axentes detiveron ás dúas persoas que se atopaban na casa, M.D.S.T. de 39 anos de idade e M.A.O.M. de 43 anos, ambos veciños de Vilanova de Arousa, como supostos autores dun delito contra a saúde pública polo cultivo e elaboración de drogas. Tanto a marihuana incautada como os detidos foron postos a disposición xudicial no Xulgado de Instrución número 3 de Vilagarcía de Arousa.