Beflamboyant: emprendemento, ecoloxismo e moda con selo pontevedrés
Por Natalia Puga & Cristina Saiz
Moda, emprendemento e ecoloxía danse a man na iniciativa que acaban de impulsar a pontevedresa Tatiana González e o cacereño Jorge López. Esta parella con domicilio en Pontevedra está detrás do proxecto Beflamboyant, recoñecido na categoría de deseño, moda e decoración da última edición do evento Pont- Up Store e que a finais deste mes de outubro chegaría ao seu momento cume coa posta en marcha dunha tenda on-line.
O resultado deste proxecto de emprendemento son unhas zapatillas respectuosas cos animais e co medio ambiente. A orixe, unha viaxe desta parella a países do Caribe. Alí, segundo explicou Tatiana González, foron conscientes de que "las condiciones de ciertos trabajadores no eran las idóneas" e, sobre todo, de que "la industria de la moda y el calzado son los que tienen peores condiciones para los trabajadores y son muy contaminantes en el medio ambiente usan animales".
"Eso no debería ser. Ahí decidimos crear nuestra propia empresa", rememora. Ademais, para o nome do seu novo proxecto emprendedor decidiron inspirarse no Flamboyan, unha árbore que se dá no Caribe e que recolle a filosofía de respecto ao medio ambiente que pretenden impulsar.
Tras regresar daquela viaxe, o verán pasado, empezou o proceso de creación da empresa, á que ambos dedican o tempo libre que lles deixa o seu traballo como funcionarios. O pasado 17 de xuño lanzaron unha campaña de micromecenado na plataforma Kickstarter para recadar fondos cos que fabricar a súa primeira colección e cando a pecharon un mes despois fora todo un éxito.
A campaña incluía recompensa para o mecenas e marcáronse o obxectivo de chegar aos 18.000 euros. Nunha semana xa venderan 300 pares de zapatillas e o 17 de xullo estes dous emprendedores de 28 e 29 anos contaban con 576 patrocinadores e máis de 53.000 euros recadados.
O propósito estaba alcanzado ao 298% e xa puideron poñer en marcha a fabricación das zapatillas Beflamboyant para enviar a eses mecenas que lles permitiron facer realidade o seu soño emprendedor. Para iso optaron por unha fábrica situada en Felgueiras, en Portugal que, por unha banda, garante condicións de traballo dignas e adecuadas das persoas responsables da elaboración e, por outro, permite facer seguimento personalizado de todo o proceso e "ver cómo las artesanas están cosiendo nuestro calzado, cómo tienen las condiciones", pola súa proximidade con Pontevedra.
Todo o proceso de elaboración é artesanal e, segundo explica, unha das cuestións que lles pareceu máis curiosas é que "a propia dona da empresa é unha das traballadoras que cose os seus propios produtos".
As zapatillas teñen o certificado europeo Vegan Label que acredita que non conteñen ningún compoñente de orixe animal, e todo o material utilizado é natural ou reciclaxe e, ademais, apostaron polo ' zero waste' no empaquetado, de tal maneira que "todo lo que tú recibas con tus zapatillas lo puedes volver a reutilizar y reciclar".
Respecto diso, explica que se envía nunha bolsa de yute reciclable e reutilizable, que os pegamentos que leva a etiqueta son sustentables, non prexudiciais ao medio ambiente e que cada zapatilla chega ao comprador acompañada por unha tarxeta de agredecimiento que leva sementes. "La metes en agua hasta que germine, la trasplantas y sale manzanilla", indica.
"Nuestro concepto es que no lleve plásticos y no generar residuos", explica Tatiana, a parte pontevedresa do proxecto, aínda que a súa parella tamén se ve da cidade de adopción. Ningún ten formación específica en deseño nin en cuestións ambientais, senón que ela vén do campo da Criminología e el estudou Administración de Sistemas Informáticos, pero as ganas permitíronlles sortear calquera posible obstáculo e en nada as primeiras zapatillas sairán cara aos seus mecenas e os seus primeiros clientes, que as compraron ao prezo especial de lanzamento de 59 euros -logo subirán-.
Ademais dos mecenas, xa teñen compradores para a súa colección de distintas partes de España e doutros países a través de Internet. A nivel europeo contactáronos mesmo tendas físicas para vendelas, en especial de Alemaña, e é unha liña de negocio que non descartan unha vez que teñan xa en marcha todo o armazón e servisen os 1.000 primeiros exemplares que xa teñen vendido.
As Beflanoyant son unisex e véndense en branco combinado con outros sete colorees e o éxito xa alcanzado failles ter esperanza en que o futuro do negocio: "No se había fabricado y la gente ya estaba interesada en él y creía en él. Nos hace pensar que es un producto bueno, bonito y atractivo para la gente", confesa Tatiana, totalmente envorcada na actualidade nese envío inminente a finais de outubro e a apertura da tenda online.
Ademais, confían en poñer o seu granito de area para coidar un pouco o planeta e reducir a pegada ecolóxica do sector da moda. Como parte da súa filosofía de empresa, por cada zapatilla vendida plantan unha árbore. Neste momento están a facelo en California porque buscaron que a plantación fose en Galicia, pero non atoparon socio colaborador. A opción estadounidense non lles desgusta, pois contribuirán a reforestar unha zona arrasada polos incendios, pero no futuro estarían "encantados de poder hacerlo más cerca, que fuese más visible, poder colaborar con expediciones e incluso hacerlo nosotros manualmente".