Promoven unha consulta nas redes sociais para renovar a Biblioteca Torrente Ballester

Por Redacción
Na segunda semana de outubro, o Concello de Bueu poñerá en marcha unha iniciativa orixinal. A través das redes sociais pedirá suxerencias para mellorar os accesos á Biblioteca Municipal Torrente Ballester, que se atopa no Parque Ramal dos Galos.
Este espazo de lectura incrementou o préstamo de libros e o número de persoas usuarias, que nalgúns casos proceden de fóra do municipio. Desde o goberno local queren, en todo caso, fomentar o modelo de biblioteca e incorporar novos usos e servizos.
Desta forma pídense propostas á cidadanía para mellorar a accesibilidade aos diversos espazos, ademais de comprobar que demandas precísanse en equipamentos e nas condicións técnicas do edificio que afectan as persoas que acoden alí para ler ou estudar.
As suxerencias pódense trasladar ao correo eletrónico concello@concellodebueu.gal ou a través da sección 'A túa opinión conta', que se atopa no web do Concello.
Desde a administración local queren seguir impulsando este tipo de propostas para incrementar a participación cidadá nos distintos proxectos da vila.