Nova xornada de limpeza simultánea de ríos
Por Redacción
O Proxecto Ríos xa leva organizando dende o ano 2008 días de Limpeza Simultánea en numerosos concellos de Galiza. É un día no cal, de xeito voluntario, numerosas persoas saen aos seus ríos para recoller o lixo que atenta contra a riqueza destes ecosistemas fluviais. Miles de quilos de refugallos xa foron extraídos de moitos ríos galegos nas limpezas anteriores.
Co lema "Móllate polos ríos" este domingo hai unha nova convocatoria para ir ao río e recoller ese lixo que acaba coa súa biodiversidade e beleza.
Esta xornada ten importancia pola labor de concienciación social que supón, ao tempo que axuda a manter un bo estado de conservación dos ríos e se fai ver á cidadanía que as pequenas accións valen moito.
Se celebrará este ano en 48 concellos de toda Galiza, e participarán máis de 70 entidades. En Pontevedra, colaboran a Asociación Vaipolorío conxuntamente coa Fundación Xoán XXIII. A cita é o domingo 29 de setembro ás 10:00 horas diante da Estación de Autobuses.
Os participantes serán agasallados cunhas camisolas co lema da limpeza.