Detido por roubar un televisor dun piso da cidade que tivera alugado
Por Redacción
A Policía Nacional detivo a un veciño de Poio de 40 anos con antecedentes policiais como presunto autor dun roubo con forza nun domicilio da cidade da que se levou un televisor de 32 pulgadas.
Os feitos remóntanse ao 27 de xuño. A inquilina dunha denunciou que roubaran no interior da súa vivenda, pero que a parte da televisión subtraída non había ningún signo de violencia nin a porta de entrada estaba forzada.
A muller denunciou que sospeitaba que alguén puido utilizar algunha copia da chave do seu piso, que ten en réxime de aluguer. Os axentes iniciaron as investigacións para tratar de localizar ao autor dos feitos e finalmente confirmáronse as sospeitas da denunciante e identificaron como suposto ladrón a un antigo inquilino da mesma vivenda.
O home, que xa ten antecedentes policiais, foi detido sobre as 16.00 horas deste martes 2 de xullo por un delito de roubo con forza. Unha vez en dependencias policiais, foi tramitado o correspondente ateigado policial e o arrestado quedou en liberdade con cargos tras prestar declaración.