Detido por furtar o móbil que a empregada dun bar tiña detrás da barra
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional detiveron un veciño de Pontevedra de 25 anos con antecedentes policiais como presunto autor dun delito de furto por substraer o teléfono móbil da empregada dun bar da cidade.
Os feitos remóntanse ao 9 de xuño, cando unha veciña de Pontevedra denunciou na Comisaría Provincial a substracción do seu teléfono móbil. Explicou que se encontraba no interior dun establecemento de hostalaría da cidade onde traballa depositou o teléfono móbil detrás da barra, ao lado da máquina rexistradora.
Pouco despois comprobou que o teléfono desaparecera e denunciou a susbtracción. A raíz da denuncia os axentes iniciaron as investigacións para tratar de identificar o autor do roubo que deu como resultado a recuperación do teléfono móbil. Unha vez recuperado, os axentes entregáronllo á súa lexítima propietaria.