A Zona Monumental celebra a volta ao cole coa festa máis espumante
Por Cristina Saiz
Como ven sendo tradicional o Centro Comercial Urbano Zona Monumental celebrou a "Gran festa volta ao cole".
Esta festa converteuse nun clásico imprescindible para todos os escolares de Pontevedra que gozan das distintas actividades nas prazas do centro histórico.
Así, na rúa Serra (diante do Mercado de Abastos) instalouse unha gran pista americana multiaventura e a praza de Curros Enríquez acolleu un taller de grafiti e o rocódromo inchable de 8 metros de altura.
O taller creativo ocupou a praza de Valentín García Escudero mentres que na de Méndez Núñez instaláronse a ludoteca creativa e o taller pinta caras.
Como sempre a xornada incluiu unha festa da escuma con animación musical na Praza de Mugartegui.