O roubo dun bolso polo método do tirón provoca a reacción veciñal en San Antoniño
Por Redacción
Unha moza sufría este mércores ao redor das 23.15 horas o roubo dun bolso cando camiñaba pola contorna de Javier Puig. Un home achegóuselle por detrás e arrincoulle polo método do tirón a bolsa de tea que portaba a moza.
A muller tentou seguilo e comezou a gritar con forza solicitando axuda a medida que avanzaba cara á rúa San Antoniño. Ao redor dunha decena de persoas que camiñaban polas inmediacións e mesmo veciños que se atopaban nas súas vivendas se achegaron ata a moza para prestarlle axuda e algún deles saíu en persecución do ladrón.
Aos poucos minutos chegaban ata a zona dotacións da Policía Local, outra da Nacional e tamén unha patrulla da Policía Autonómica. O ladrón escapouse pola rúa Altamira e non foi posible a súa captura.
A moza indicou aos axentes que levaba 70 euros na bolsa de tea pero, polo momento, non presentou denuncia na Comisaría, segundo a información facilitada pola Policía Nacional.