Sanxenxo quenta motores para a 35 concentración moteira
Por Almu Dapena
Como cada ano, Baltar prepárase para unha das maiores concentracións de motos de toda Galicia. Para o seu 35 aniversario espérase que acudan máis de 15.000 moteiros durante os días 6, 7 e 8 de setembro.
A xornada inaugural para a 35 Concentración Moteira de Sanxenxo empezará ás 17:00 horas e inclúe, como cada ano, un Mercadillo Moteiro, concertos e música nas terrazas, exhibicións de TRIAL e o show moteiro de Jack Stunt, Nelson Pina e Paulo Martinho e, a partir das 00:00 horas, a ambientación musical correrá a cargo de Eme Music.
Ao día seguinte volveranse a realizar os diferentes espectáculos moteiros ademais do concerto de Eme Music e as clásicas clases de zumba a partir das 16:00 horas.
Finalmente, o domingo realizarase a habitual excursión pola comarca do Salnés na que participarán todos os instritos na concentración.
Relacionadas:
-
En setembro volverá celebrarse a concentración de motos en Baltar
Por Redacción |
-
Emotiva pedida de man na concentración de motos de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Sanxenxo ultima os detalles do dispositivo de seguridade con motivo da concentración de motos
Por Redacción |
-
Sanxenxo prepárase para a concentración moteira
Por Oskar Viéitez |
-
Tráfico tramita 70 denuncias na concentración moteira de Sanxenxo, a maioría por exceso de velocidade
Por Oskar Viéitez |