PONTE Orgullosa, unha semana para visibilizar a diversidade de orientacións sexuais con enfoque cultural
Por Redacción
Este venres celébrase en todo o mundo o Día do Orgullo e, aproveitando a conmemoración, Pontevedra dá o pistoletazo de saída a PONTE Orgullosa, unha semana enteira de actividades dedicadas á visibilización e concienciación sobre a diversidade de orientacións sexuais dende un enfoque cultural.
Os coordinadores de PONTE Orgullosa, Marcos Belzuz e Daniel Diéguez, presentaron este venres as actividades acompañados pola edil de Cultura, Anxos Riveiro, e explicaron que buscaron enfocar as actividades dende o punto de vista cultural porque "la cultura es algo inclusivo" e para "tratar de que desde la cultura se llegue a la concienciación y la visibilización".
A programación inclúe unha exposición entre este venres 28 de xuño e o mércores 3 de xullo, un taller e unha mesa redonda os días 3 e 5 e unha festa final o venres 5. Esta completa programación que "combina información, formación, cultura e actividade lúdica" segue sendo necesaria porque, segundo Anxos Riveiro, "aínda hai moitos tabús" e "é importantes todo este tipo de actividades que o que tratan é de normalizar".
A normalización da visibilización do colectivo é, para os organizadores, "algo subjectivo". No caso de Pontevedra"es una ciudad muy abierta, pero aún queda mucho por trabajar". Na súa opinión, os avances que aínda quedan por dar están "más vinculados al desconocimiento que a una actitud o ganas de ofender", de aí que "cobre importancia la cultura" e as xornadas que organizan durante a próxima semana.
"Pontevedra es una ciudad muy abierta, pero aún queda mucho por trabajar"
O respaldo do Concello de Pontevedra é unha constante dende que distintos coelctivos de persoas Lesbianas, Homosexuais, Transexuais e Bisexuais (LGTB) empezaron a organizar actos con motivo do Día do Orgullo. Este 2013, apoian a exposición sobre o xénero e a visibilidade que se inaugura ás 20.00 horas deste venres no Pazo dá Cultura.
Marcos Belzuz e Daniel Diéguez explican que inclúe obras de 10 artistas de disciplinas como a pintura, a fotografía, o debuxo ou a escultura. Un exemplo do que pode encontrar o visitante son as obras de debuxo e acuarela do colectivo Urco, centralizado principalmente en temática lúdica; ou as fotografías de ÿscar López, que invita ás persoas ás que inmortaliza a "hacerles retratos en donde quieran y con lo que quieran".
As xornadas continuarán cunha mesa redonda entorno ás representacións da diversidade sexual nas artes contemporáneas das que formarán parte: Xoán Buxán, profesor na Universidade de Vigo, comisario independente e autor de importantes publicacións de analisis e crítica entorno ao tema, e Mar Caldas, profesora da Universidade de Vigo, directora do grupo de investigación "PE3 Fondo de artes e cultura contemporánea", coordinadora da sala X e dinamizadora cultural en proxectos de xénero.
O día 5 de xullo ás 19.00 horas celebrarase un obradoiro para a concienciación entorno á temática das xornadas, destinado a público novo, e impartido por educadores sociais. Celebrarase, como a mesa redonda, no local Portal 48 e será logo de inscrición.
O día 6 de poñerase o broche de ouro as xornadas cunha festa final na Sala Karma a partir das 00.00 horas. Dúas horas antes haberá unha cita no pub Rumore e a festa final incluirá a actuación do grupo de transformistas Las Supremas, actividades de tupper sex e o sorteo dunha cesta cuxo contido está moi vinculado á propia esencia de PONTE Orgullosa: catálogos, libros, doces, tupper sex... As rifas venderanse durante toda a semana e benefícioos destinaranse a unha organización social sen ánimo de lucro que aínda está sen determinar.