Pontevedra adica unhas xornadas a Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais: PONTE Orgullosa
Por Redacción
PONTE Orgullosa son as xornadas conmemorativas do orgullo das persoas Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais (LGTB) en Pontevedra, coordinadas por Marcos Belzuz y Daniel Diéguez, nas que colabora o Concello de Pontevedra.
O pistoletazo de saída será no Pazo da Cultura coa inauguración da exposición colectiva sobre xénero e visibilidade o venres 28 de xuño as 20:00 horas.
Presentarán obras de pintura, debuxo, fotografía e escultura no vestíbulo do Pazo de Cultura de Pontevedra dende o 28 de xuño ata o 3 de xullo.
As xornadas continuarán cunha mesa redonda entorno as representacions da diversidade sexual na arte contemporánea da que formarán parte: Xosé M. Buxán, profesor na Universidade de Vigo, comisario independiente e autor de importantes publicaciones de analise e crítica entorno ao tema queer, e Mar Caldas, profesora da Universidade de Vigo, directora do grupo de investigación "PE3 Fondo de arte e cultura contemporánea", coordinadora da sala X e dinamizadora cultural en proxectos de xénero.
O día 5 de Xullo poderase participar nun taller para a concienciación entorno a temática das xornadas, destinado a público xoven, e impartido por educadores sociais.
O día 6 de porase o peche de ouro as xornadas cunha festa final na Sala Karma.